ORIENTARSE CON INTERNET
En 1º de Bacharelato estamos procurando que o alumnado se familiarice coas novas tecnoloxías. Para elo, en sesións anteriores, cada alumno dotouse dunha conta de correo electrónico en YAHOO (primeira sesión), creou un blog en BLOGIA e comezamos a aprender sobre a publicación de información no noso blog (segunda sesión).
Na sesión do día 13 de marzo de 2006 vamos dar un paso máis na aprendizaxe. En primeiro lugar, vamos suscribir unha conta para cada alumno/a en BLOGLINES.
En segundo lugar, unha vez recibida a confirmación da nosa suscrición en Bloglines e realizada a validación correspondente no noso correo electrónico, procederemos a utilizar o servizo de suscrición de novas . Antes de pechar o correo electrónico, mandaremos unha mensaxe a: iesbarbon@gmail.com na que anotaremos: (Asunto= o meu blog) (texto= nome completo do meu blog).
En terceiro e último lugar, suscribimos -engadimos- no noso Bloglines -previa identificación do servizo de RSS- o Blog de Orientación, o Blog de Matemáticas e o Blog Blogalego .
No noso Seminario Permanente hai un matemático.
O Blog de Matemáticas ofrece moitos e seleccionados recursos sobre o ensino das Matemáticas nos niveis de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e no Bacharelato.

VIDEOXOGO GALEGO
En VIEIROS podemos ler información sobre o videoxogo de estratexia GLEST.

TIMO BANCARIO
Como se explica no artigo do xornal EL PAíS,
o correo electrónico pode ser unha porta de entrada para os timadores.
Para saber máis sobre o phishing consultar aquí.
BUSCADORES E PORTAIS
Para ter información de todas as posibilidades no mundo dos buscadores temos que visitar Superpatanegra
Un buscador que os ten todos
A estrela é:
TROVANDO
